Incorporación da Perspectiva de Xénero na Orientación Laboral
Introducción:
A cuarta sesión presencial do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral 2018 versou sobre a “Incorporación da Perspectiva de Xénero na Orientación Laboral”.
Estivo dividida en dúas partes: a explicación teórica dos contidos máis importantes e unha parte máis práctica, onde se traballou en grupo.
Estivo dividida en dúas partes: a explicación teórica dos contidos máis importantes e unha parte máis práctica, onde se traballou en grupo.
Obxectivos da sesión:
- Motivar o deseño e implementación dunha orientación laboral non sexista.
- Xustificar a incorporación da perspectiva de xénero nos procesos de orientación laboral.
- Facilitar a incorporación da perspectiva de xénero nos procesos de orientación laboral, con recomendacións e materiais a empregar.
Desenvolvemento:
A docente, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Margarita Valcarce Fernández, comezou o seu relatorio, xustificando a súa necesidade, pois máis da metade da poboación activa, tanto en Galicia como en España, está formada por mulleres, que en moitos casos sofren algún tipo de discriminación laboral por xénero.
Recordounos que a invisibilidade histórica das mulleres débese ao sistema patriarcal, que establece que os membros masculinos dunha sociedade tenden a predominar nas posicións de poder, e xustifica o androcentrismo, como unha situación natural na que o home é a medida das as cousas e define todo o demáis.
A relatora insistiu na construción do sistema sexo-xénero, que establece que o sexo non é en se mesmo a causa da desigualdade das mulleres, senón a posición estereotipada de xénero, aprendida a través do proceso de socialización.
Finalmente aportou unha clara definición do que supón a aplicación da perspectiva de género ou enfoque de género: valorar as implicacións que teñen para homes e mulleres calquera acción que se planifique, co obxecto de conseguir a igualdade dos xéneros.
Así mesmo, desvelounos unha serie de desigualdades de xénero, algunhas das cales deron lugar a problemas de discriminación:

- as mulleres concéntranse nas categorías profesionais máis baixas e teñen máis dificultades que os varóns para ascender (segregación vertical), sendo un exemplo moi presente o teito de cristal, situación que describe as barreiras invisibles que impiden que mulleres altamente cualificadas accedan aos niveis xerárquicos máis altos no mundo dos negocios, independentemente dos seus logros;
- as mulleres adoitan acceder a un determinado tipo de ocupacións consideradas tradicionalmente como femininas (segregación horizontal) e son, xeralmente, as peor remuneradas e valoradas socialmente.
Por último, a docente fíxonos darnos conta de que a vantaxe de determinar a existencia desta discriminación, sobre todo a indirecta, estriba en que permite reexaminar con criterio crítico as prácticas e normas excluíntes.
Tras o descanso, realizamos un obradoiro no que propuxo un exercicio práctico para aplicar a teoría do curriculum cego ou anónimo a un CV dunha muller. Debido ao interese xurdido, trala posta en común do resultado da actividade, iniciouse un debate sobre as súas vantaxes e desvantaxes, pero quedouse curto polo tempo.

Conclusións:
Tendo en conta que o persoal de orientación laboral é un axente social máis, debemos contribuír á creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria a través de actuacións que conleven a eliminación de situacións de discriminación de xénero, sobre todo a indirecta, pois permanece latente na nosa sociedade.
Consideramos que temos a obriga de desenvolver unha noca actitude (escoitar, observar e rexistrar) para analizar a nosa intervención profesional desde o enfoque de xénero. O que supón, por exemplo:
Consideramos que temos a obriga de desenvolver unha noca actitude (escoitar, observar e rexistrar) para analizar a nosa intervención profesional desde o enfoque de xénero. O que supón, por exemplo:
- Axudar a construír a identidade profesional libre do sesgo de xénero.
- Analizar que hai detrás das decisións vocacionais de mulleres e homes.
- Potenciar o uso do CV cego como ferramenta para evitar a discriminación, dano exemplo aos Servizos Públicos de Emprego.
- Realizar accións de sensibilización sobre os axentes empregadores.
PARA SABER MÁIS:

No hay comentarios:
Publicar un comentario